w.c constrangido

w.c constrangido

terça-feira

Ao livro W.C constrangido:

Aproveitei a tarde do domingo para ler con calma o wconstrangido do meu caro Tiago. A composición fai boa xustiza a aquilo que nalgún dos mellores momentos de Stalin proclamou: "o poeta debe ser o enxeñeiro da alma". Do wconstrangido florecen aqueles elementos que fan vibrar a alma dos bos e xenerosos, dos que arelamos a necesidade de mudanzas nun mundo eternamente agradecido aos escasos xestos de humanidade e excesivas pleitesías ao capital. En definitiva, chégame coma unha bocanada de ar fresco para seguir afrontando con solvencia o debate escatolóxico en beneficio dun mundo xusto. En "diálogos do noso tempo" vexo un Tiago, aquel Tiago que rexurdía con inocencia, máis cargado de verdade e retranqueiro naquelas tardes de domingo ou noites antes/despois da cea no piso da rúa monelos, 3ºF após unha forte deserción sobre os temas de actualidade política. É un pracer encontrarme con esa retranca e esa frase solta, que por naïf, non deixa de estar cargada de humanidade e poder dialéctico.

Iago Figueiras