O sorriso da soidade
Aquela mañá acordara decidido: racharía dunha
vez por todas a miña soidade umbilical - polo menos
era iso o que imaxinaba. Vestín logo os meus calzóns
azuis, cunha pequena palmeira triste na curvatura
da cinta. Téñoos desde que me coñezo. Amais, estes
sempre me sentaran ben, a pesar da opinión contraria
da miña nai. Combineinos cunha t-shirt, estampada
cunha pequena frase descolorida alusiva a un paraíso
turístico. Collín a toalla cor rosa con pequenas ondas
azuis debuxadas no envés, se ben nunca entendín cal
é o verdadeiro reverso destas toallas; collín o protector
solar, unha revista de automóbiles e as raquetas de
beach-tennis. Coido que nunca as usei en parella. Mireime
dúas veces no espello como quen mira e nada
ve, e saín para a inmensa terraza da miña casa, onde,
incriblemente, a soidade esperaba por min desde había
xa algún tempo.
Traduzido para a nossa língua irmã, o Galego, por Manuel Eiroa. Página 48 do livro W.C constrangido.