w.c constrangido

w.c constrangido

sexta-feira

De um amigo:


A HABITACIÓN

Xélido crucifixo de ferro,
Hábito branco, corazón frío,
Sonda, soro e barrotes brancos,
Liturxia sen sentido.
Paseos polos corredores brancos,
Miradas, desprezo e penitencia,
Eucaristía obrigada,
Submisión, pobreza e piedade forzada,
Sabas brancas, cadeiras brancas,
Cerebros esbrancuxados,
Uñas negras, pel morena,
Rosario de mármore branco.
Abrazos esvaecidos, roces fuxidíos,
Choros sen bágoas, mortalla branca,
Pálpebras cerradas, labios fendidos,
Voces afogadas no branco dos muros.
Pasos silandeiros, unha porta branca,
E un voitre negro cun vurullo branco
Que axexa o neno que dorme
O insomnio dun pesadelo branco.

Poema de Manuel Eiroa; a nossa singela homenagem à língua galega.