w.c constrangido

w.c constrangido

sexta-feira

O que fixeron foi roubarnos as palabras


Porque é oportuno publicar de novo este texto do Manuel Eiroa:


Permitídeme que comece dándolle as grazas a Tiago pola consideración mostrada coa lingua galega na publicación do seu primeiro libro de poemas. É un acto de xenerosidade e respecto que me chega ao corazón, máis aínda se o comparamos coa indiferenza, cando non o desprezo máis absoluto, que manifestan as autoridades, os poderes económicos e, por desgraza, unha gran parte do mesmo pobo galego.

Pero non estamos aquí para chorar polos nosos males, senón para celebrar o nacemento dun poeta, que vén a este mundo cargado coa arma máis potente: as palabras, porque as necesitamos, xa que estamos en guerra. Unha guerra disimulada, escondida baixo o epígrafe de “crise sistémica” ou “crise capitalista”, pero unha guerra en definitiva, que deixa máis vítimas no camiño ca ningunha outra. 


As armas deste conflito son as palabras, e Tiago ofrécenos munición para combater o inimigo, que case sempre está dentro de nós, ou agardando por nós no sofá, ou agochado no Facebook. Grazas aos seus textos, aparentemente sinxelos, lembramos o significado orixinal das palabras, vemos o esqueleto da estratexia do inimigo. Debemos protexer as palabras, non podemos permitir que nolas rouben.  


Vivimos nunha sociedade na que temos a palabra, podemos expresarnos cunha falsa liberdade, porque o que fixeron foi roubarnos as palabras, o seu significado. Reviráronas tanto que cando as utilizamos, xa non as recoñecemos. Por iso temos que reaccionar, temos que recuperar o sentido exacto das palabras, de cada palabra, e para iso nada mellor cá poesía, xa que, como dicía Gabriel Celaya, a poesía é unha arma cargada de futuro.  

Obrigado. 


fotografia por Fausto Luna

Palavras de Manuel Eiroa na apresentação do livro W.C constrangido, na cidade da Corunha.

Março de 2013