Cría na sombra que debuxaba sobre min
a túa man.
Cría no momento previo ao contacto
dos teus labios.
Cría na ilusión que fabricabas
coas palabras.
Cría no reflexo da imaxe que intuín
de ti
cando me trouxeches ao mundo.
Era unha crenza certa, inamovible,
esperanzada,
unha intromisión na visión agnóstica
da vida.
do poeta, tradutor e fiel companheiro da insensatez das horas
Manuel Eiroa